martes, 1 de mayo de 2018

Contacontos entre Nós!!

Bos días a todos e todas!!

Hoxe gustaríame contarvos unha nova iniciativa que acontece na nosa biblioteca e xurde dende a aula de 5 anos. 

Dende hai un par de semanas os nenos e nenas de esta clase acuden á Biblioteca e ocupan o recuncho de lecer para ler os seus contos favoritos aos seus compañeiros e amigos. 😄😃😁

Unha iniciativa marabillosa que aos nenos lles encanta e que fomenta a utilización da biblioteca e a lectura!!

Contacontos entre Nós

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña


domingo, 29 de abril de 2018

Día do Libro!!

Ola a todos e todas!!

Con motivo de celebración do día do libro, esta semana fixéronse moitísimas actividades no colexio.

Algunhas delas foron propostas para todo o centro, coma o concurso de "guapos lectores" no que os nenos e nenas podían participar presentando unha foto de seu libro favorito. Os resultados foron moi bos e se deron catro premios ás fotos máis bonitas.

Guapos lectores



Tamén se fixo, un ano máis, o xa coñecido mercado de libros, no que os nenos e nenas podían intercambiar cos compañeiros un ou máis libros.

Mercadillo de libros



Ademáis cada clase realizou moitas actividades.

Os nenos e nenas de infantil fixeron marionetas coas que crear as súas propias historias, e o libro os nosos contos favoritos que xa está exposto no atril da porta do cole.

En Educación Primaria fixéronse moitísimas actividades: os nenos máis pequenos fíxeron a árbore dos libros favoritos e un obradoiro de contos clásicos que serviu para decorar o pasillo principal do cole, mentres que os maiores axudaron na elaboración das normas da Biblioteca, na decoración da porta da Biblioteca e xogaron ao Bingo da lectura.

Día del libro otras actividades


Espero que vos gustasen estas actividades!

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 25 de abril de 2018

Obradoiro de Banda Deseñada con Anxo Fariña

Ola a todos e todas!!!

Con motivo da celebración da semana do libro, hoxe acudiu ao noso cole Anxo Fariña para facer un obradoiro de debuxo e banda deseñada co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Anxo presentou varias das súas obras, entre elas a saga dos Megatoxos, deu varios exemplares para a nosa Biblioteca e ensinou algunhas técnicas e trucos de debuxo que os nosos nenos e nenas aproveitaron e aprenderon dunha forma activa e lúdica. 

Aquí tendes algunhas imaxes da actividade 😄😃 


Obradoiro de Banda Deseñada


Que ben o pasaron!!

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 19 de abril de 2018

Saída á Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Bos días a todos e todas!!

Co fin de establecer lazos entre a Biblioteca do noso cole e as Bibliotecas Públicas da zona, os alumnos de cuarto curso de Educación Primaria visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas, onde lles explicaron a distribución, os recursos que teñen nesa biblioteca e fixeron con eles moitas actividades e xogos. 

Pasárono xenial  😄😄


Saída 4º Biblioteca


Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 😘

lunes, 16 de abril de 2018

Día do autismo e día mundial do libro infantil

Bos días a todos e todas!!

Nestas últimas semanas os nenos e nenas do cole traballaron sobre o día 2 de abril: o día do autismo e o día mundial do libro infantil

Os máis pequenos fixeron moitísimas actividades a favor da igualdad, coma un mural da primavera pictográfico e unha sesión de "rachando barreiras".

En primaria os diferentes cursos fusionaron a celebración destes dous días traducindo e creando un conto pictográfico a través de aplicacións coma o Araword e o Microsoft Word. O resultado foi marabilloso e ademáis crearon material adicional para os nenos autistas do cole. 

Aínda que nos diferentes blogs das clases hai moitísimas fotografías destas celebracións 😊😊, hoxe déixovos unha selección aquí: 

Día del autismo 2018

Espero que vos gusten!!

Un saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

jueves, 12 de abril de 2018

Contacontos con Iago López

Ola a todos e todas!!

Hoxe a mañán visitou o noso cole Iago López, un famoso contacontos que obsequiounos cunhas actuacións marabillosas que gustaron moitísimo aos nenos. 







Moitas grazas Iago!! 

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 21 de marzo de 2018

Día Mundial da Poesía

Ola a todos e todas!!

Hoxe celebramos no cole o Día Mundial da Poesía.

Para iso, os máis maiores convertéronse nos guardiáns do patio, de forma que, para entrar e sair os demais compañeiros debían recitar un fragmento de un poema.

Na seguinte ligazón hai un video cos resultados!!


Espero que vos gustase!!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña